Wednesday 15 de May de 2024

Dezaseis alumnos de toda Galicia actuaron en Riveira na Aula Galega de Saxofón


Esta pasada fin de semana tiveron lugar os primeiros concertos deste curso dos alumnos da Aula Galega de Saxofón.

Dezaseis alumnos acompañados polo pianista soriano Mario Molina actuaron no salón de actos do conservatorio Municipal. O mestre invitado de saxofón foi Rodrigo Vila.

A Aula Galega de Saxofón é unha actividade organizada dende o conservatorio riveirense que fai neste curso a edición número oito xa.

A Aula volverá en xaneiro co saxofonista italiano David Brutti como profesor invitado.